Comprácenos darlle a benvida ao sitio web de Corporación “Lar Gallego” de Santiago de Chile. Desde o ano 1967 a nosa institución mantén o firme e decidido compromiso de divulgar a orixe e identidade galega, desenvolvendo actividades de divulgación da idiosincracia, cultura e costumes galegos entre os nosos socios, descendentes e público en xeral, a través dos seus integrantes e Grupos de Canto e Percusión “Beira do Mar”, Coro “Soles e Lúas” e Banda e Danzas “Terra Meiga”.

O noso portal nace no marco do proxecto GaliciaAberta, comunidade virtual da emigración da que formamos parte.

Neste espazo vostede poderá encontrar información sobre a nosa historia, actividades, situación ou calquera outro tipo de información de interese. Así mesmo, pode visitar www.largallego.cl, en onde encontrará información máis detallada da institución e das súas actividades.

Se desexa enviarnos calquera consulta, dúbida ou suxestión pode facelo a través da dirección contacto@largallego.cl.

Sen máis que dicir, convidámoslle a participar en GaliciaAberta, a través das ferramentas de comunidade dispoñibles, como foros, enquisas, axenda, entre outros.